Diego Barral

 Comezo a tocar a guitarra aos 12 anos. Aos 15 empezo a ter contacto co folk e coa aprendidaxe autodidacta da guitarra acústica, tocando xa nalgunha pequena formación folk. Posteriormente, con 18 anos, formei parte do grupo «A Treu» durante 4 anos, resultando gañadores do concurso «A Mocidade coa Lingua». É nesa etapa cando empezo a interesarme polas afinacións abertas e comezo a tocar de maneira tamén autodidacta o bouzouki e a mandolina. Entre o 2004 e o 2007 colaboro no proxecto «Flautasía» do músico betanceiro Dani López, tanto nos seus dous traballos discográficos coma na presentación dos mesmos por moitos escenarios galegos, así coma puntualmente fóra de Galicia. Recentemente teño colaborado en proxectos audiovisuais como bandas sonoras para documentais ou curtametraxes, audiolibros… e na presentación en directo do disco «Principios y declaraciones» dos cantautores coruñeses César de Centi e José Luis Paz. Actualmente colaboro no proxecto «Tic-Tac» de música galega para nen@s do músico Pablo Díaz, no grupo «The Folk-A-Tones» (proxecto de versións acústicas de temas dos 70-80-90′s con arranxos folkis) , tamén no histórico grupo folk galego «Citania» nesta nova etapa e recentemente no proxecto en solitario da cantante cántabra Alba Gutiérrez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s