Pablo Díaz

Este coruñés comeza a súa andaina musical aos 5 anos cando entra nun grupo de baile Tradicional en Fene . Dende aquela e ata hoxe adica grande parte da súa vida ao estudio e ensino de diversas materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo, pandeireta ou outras percusións menores), e por suposto a voz.

En 1991, crea un grupo de investigación etnográfica de campo co que percorre unha porcentaxe moi grande do rural galego e que lle vale para imbuírse desa música e sabedoría para logo facer tamén as súas propias composicións.
Na actualidade forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Con Canto Donaire, Entrecaixas e Tátara Trío) , e participa como músico, cantante ou productor musical. Tamén colaborou en varios proxectos alleos con xente como Susana Seivane ou Pablo Seoane.
Nos últimos anos adica boa parte da súa vida profesional a crear música para nenos, xa que dende 2005 é músico acompañante dos talleres de contacontos que a editorial Kalandraka desenvolve en centros escolares , bibliotecas e institucións por toda a xeografía galega.
No 2008 entra como finalista no 1º concurso Acoruña Son recibindo un obradoiro de composición musical dunha semana impartido por Santiago Auserón.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s