Tic Tac

“Tic tac” é un libro-disco que combina música e ilustración para público infantil a partir de tres anos de idade. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical.

Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un percorrido por distintos ritmos cos que, dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos.

As 16 cantigas do disco abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, de xeito que se lles proporciona vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.

Compleméntase cunhas orixinais ilustracións feitas coa técnica do linograbado, un método recuperado por Marc Taeger co que afonda no caracter tradicional da obra. Algunhas das musicais deste traballo forman parte das actividades de animación lingüística da campaña ‘Palabras no Ar’ que KALANDRAKA realiza en concellos galegos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s